InicioMedioambiente e PatrimonioA mellora da depuradora de Vilalba busca limitar as verteduras "recorrentes" ao...

A mellora da depuradora de Vilalba busca limitar as verteduras “recorrentes” ao río Madalena

Precisamente a semana pasada foron localizadas centos de troitas mortas neste río e barallouse unha vertedura como posible causa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga, e a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, visitaron as obras de mellora da depuradora da localidade, que buscan limitar verteduras ao río Madalena.

O investimento estimado superará os 1,5 millóns de euros, financiados nun 80% pola confederación e nun 20% polo concello.

“Estas actuacións supoñen un esforzo económico importante por parte das dúas administracións pero, ante un problema herdado de vertiduras recorrentes ao río Magdalena e en aras da colaboración institucional, había que actuar e niso estamos”, destacou Quiroga.

Precisamente a semana pasada foron localizadas centos de troitas mortas neste río e barallouse unha vertedura da depuradora como posible causa. Así as cousas, o pasado 30 de xullo comezaron os traballos de mellora do saneamento e a estación depuradora de Vilalba, adxudicados pola confederación á empresa Espiña e Delfín por 1,47 millóns de euros.

Este xoves, Quiroga e Veleiro acudiron á zona a supervisar a marcha dos traballos, cuxa finalización está prevista para finais do mes de xullo do próximo ano.

O obxectivo é limitar tanto o número como o volume de verteduras sen tratamento adecuado ao río Madalena, e para iso proxectouse a ampliación do pretratamento da depuradora mediante a instalación de dúas novas unidades compactas con funcións de desbaste, desareado e desengrasado que case duplican a capacidade actualmente existente, e a construción dun tanque para a laminación e regulación de caudais en tempo de choiva, antes da súa entrada na depuradora.

O novo tanque disporá dunha capacidade 1.000 metros cúbicos para reter as primeiras augas de choiva, máis contaminadas, e envialas posteriormente á estación depuradora para o seu tratamento, evitando as verteduras que se producen a día de hoxe.

Neste momento están a executarse os traballos de escavación do tanque de treboadas e prolongaranse durante todo o mes de agosto para, a continuación, iniciar a execución das diferentes partes que conformarán a súa estrutura.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...