InicioSociedadeAnpas de Lugo denuncian "recortes" de profesorado en municipios da Montaña como...

Anpas de Lugo denuncian “recortes” de profesorado en municipios da Montaña como Cervantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Asociacións de nais e pais de Lugo, agrupadas na federación Fapacel, denunciaron este xoves “recortes” en profesorado para o próximo curso na zona da Montaña da provincia. A presidenta de Fapacel, Isabel Calvete, puxo o exemplo do colexio de Cervantes, onde pedían unha “profesora especialista de Infantil e un profesor de Primaria, porque a que había, especialista en Educación Física, pediu o traslado”.

“Solicitabamos eses dous profesores porque son necesarios, falamos de todo o ensino de infantil e primaria. A día de hoxe, o que sabemos é que probablemente teñamos especialista en Infantil pero non en Primaria”, queixouse.

Calvete asegurou que “isto aboca o colexio a unha situación delicada porque se fala, para todos os cursos de Primaria, de só un profesor fixo e doutro que fai as funcións de director, co cal non vai poder estar a tempo completo”.

“Os colexios do rural, da Montaña neste caso, van sufrir recortes”, manifestou a presidenta de Fapacel, quen espera que, no caso do centro de Cervantes, os pais e nais non opten por levar os seus fillos a outros colexios da zona.

Isabel Calvete concluíu que, “sen profesores, é imposible ter calidade” no ensino, polo que empraza a “pensar nun plan alternativo para o ensino no rural, un plan específico rural que teña en conta os dereitos dos nenos e non teña en conta o número de alumnos“.

En Cervantes son 31 os alumnos cos que se conta no colexio para o curso próximo, de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

ÚLTIMAS

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...