InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo anuncia a demolición das torres do Garañón, paralizada...

O Concello de Lugo anuncia a demolición das torres do Garañón, paralizada para crear un espazo verde

O goberno local abre prazo de dous meses para redactar o proxecto do derrubo, aínda que o promotor terá a "responsabilidade de decidir se o asume".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo levará á xunta de goberno deste mércores a demolición do Garañón, a urbanización aos pés das costas do Parque Rosalía de Castro que foi paralizada e investigada pola xustiza.

A alcaldesa, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Urbanismo, Álvaro Santos, compareceu este martes en rolda de prensa nas inmediacións do “esqueleto” urbanístico da devandita edificación.

Méndez celebrou que “se dá un paso máis”, que espera sexa “o definitivo” desde que en 2017 asumiu “o compromiso” de botar abaixo esta infraestrutura “e non seguir co proceso xudicial, para dar solución a un problema dado por unha licenza que entendeu a xustiza que estaba mal dada”.

É por iso que anunciou que este mércores “levará á xunta de goberno a aprobación para poder sacar a licitación o proxecto de redacción e derriba do Garañón”.

“Agora, terá o promotor a responsabilidade de decidir se o asume el”, advertiu a rexedora, aínda que a administración local vai traballar ” na redacción desa derriba e asumir as obras”.

Lara Méndez confía que este sexa “o último paso para despois seguir acometendo a ampliación desas zonas verdes, para seguir potenciando ese Lugo verde e sustentable”. “Séguese coa modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para converter esta zona en zona verde”, subliñou.

NON CONCRETA TEMPO

A alcaldesa non puido concretar prazos para acometer esta demolición e así o soltou: “O tempo o dirá unha vez que saquemos o proxecto, porque aí quen ten que valorar iso son os técnicos”. En definitiva, agora ábrese un prazo de “dous meses para a redacción do proxecto” porque “aínda non” se sabe por que procedemento levará a cabo: “Se vai ser manual, se vai ser con voadura controlada ou vai ser mecánico ou combinado, manual ou mecánico”.

Esta urbanización supuxo a tumba política do ex secretario xeral do PSdeG-PSOE e exconcelleiro de urbanismo no Concello de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro. E esta mesma obra tamén condicionou, pola súa imputación –posteriormente retirada–, a non investidura de Xosé López Orozco ante o veto dos grupos progresistas nas eleccións de 2015. Isto abriu a porta da Alcaldía a Lara Méndez, que ía de número dous nas listas do PSOE.

ÚLTIMAS

Estabilizado un incendio forestal en Pantón que afecta a unhas 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...