InicioTerra CháCospeitoO TSXG suspende o xuízo de apelación contra a sentenza da nai...

O TSXG suspende o xuízo de apelación contra a sentenza da nai que asasinou a súa filla en Muimenta

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou de que se suspendeu a vista de apelación prevista para este luns do recurso contra a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que condenou, de acordo ao veredicto do tribunal do xurado, a prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato da súa filla Desirée Leal de sete anos en maio de 2019.

Segundo trasladou o TSXG, a vista, prevista para as 11,00 horas, tivo que suspenderse “debido a unha situación sobrevinda para un maxistrado que forma parte do tribunal”.

O obxectivo desta vista é que o tribunal revise e examine os argumentos que no seu día se motivaron por parte da Audiencia Provincial de Lugo para esta condena máxima despois de que un xurado popular declarase culpable da morte da pequena en maio de 2019 a Ana Sandamil.

O xuízo polo asasinato de Desirée celebrouse nas primeiras semanas de febreiro deste ano, onde se constataba que a pequena morrera por asfixia o mesmo día que a tiña que recoller o seu pai dentro do réxime de visitas establecido con Sandamil.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...