InicioA UlloaArde Lugo: grandes lumes en Lemos, a Ulloa, Ancares e O Courel

Arde Lugo: grandes lumes en Lemos, a Ulloa, Ancares e O Courel

PUBLICADA O

- Advertisement -

A superficie arrasada polos principais incendios rexistrados en Galicia xa supera as 9.000 hectáreas, segundo as estimacións provisionais da Consellería de Medio Rural na mañá deste luns, especialmente virulentos en toda a provincia de Lugo con lumes en Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Palas de Rei, Quiroga, Antas de Ulla ou Cervantes. Veciños de núcleos de Folgoso do Courel e O Barco de Valdeorras tiveron que ser desaloxados, mentres están activadas media ducia de situacións de emerxencia pola proximidade das chamas a casas.

O maior lume en terreo queimado é ata o momento o da parroquia de Vilamor, no municipio de Folgoso do Courel, con 2.500 hectáreas afectadas. Continúa decretada a Situación 2 polo perigo para o núcleo de Parada de Montes. Entre outros medios, participan oito avións e sete helicópteros.

Tamén en Folgoso do Courel continúa a Situación 2 noutro lume en Vilamor que arrasa 300 hectáras, así como na parroquia de Seceda (1.100 hectáreas). Mentres, continúa a Situación 2 en Carballeda de Valdeorras, pola proximidade ao núcleo de Candeda, na parroquia de Riodolas, con 2.400 hectáreas arrasadas, que se reactivou por un cambio de vento.

Do mesmo xeito que esa alerta permanece activa na Pobra do Brollón, parroquia de Saa, con 700 hectáreas queimadas. Hai outro lume en Saa (neste caso sen Situación 2) con 50 hectáreas queimadas. Nas últimas horas, a Consellería de Medio Rural desactivou a Situación 2 nos dous lumes de Oímbra, parroquias de Videferre e San Cibrao, con 370 hectáreas queimadas entre ambos. En cambio, foi decretada a Situación 2 no incendio de Palas de Rei  parroquia de Ramil, con 275 hectáreas queimadas.

MÁIS LUMES

Entre outros lumes en Galicia, segue activo o incendio de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, con 800 hectáreas queimadas no parque natural do Invernadeiro. Tamén está activo o lume de Cervantes, parroquia de Donís, con 75 hectáreas queimadas.

Pola súa banda, foi extinguido un lume en Quiroga, parroquia homónima, con 83 hectáreas. Está controlado outro en Quiroga, parroquia de Outeiro, con 250 hectáreas provisionais. Un terceiro lume en Quiroga, parroquia de Nocedo, está controlado (15 hectáreas).

Así mesmo, está controlado o lume de Antas de Ulla, parroquia de Santa Mariña do Castro, con 40 hectáreas provisoinales. Igualmente, controlados os de Rodeiro, parroquia de Guillar (200 hectáreas), e Ribadavia, parroquia homónima (65 hectáreas).

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...