InicioCulturaO Vello Cárcere de Lugo acolle unha mostra de arte africana Tinga...

O Vello Cárcere de Lugo acolle unha mostra de arte africana Tinga Tinga

A mostra está organizada polo artista tanzano Allen Enock Abeid, residente na cidade, e poderá visitarse ata o 31 de setembro nas celas de homes da pranta baixa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Educación Felipe Rivas visitaron o Vello Cárcere xunto co artista tanzano Allen Enock Abeid, que expón nas celas de homes unha mostra de arte Tinga Tinga.

O Tinga Tinga é un xénero pictórico creado no leste de África a principios do século XX. Pode considerarse un estilo naïve e caricaturesco, “arte que fai sorrir”, “arte mantra”, etc. Difícil de catalogar baixo os estándares occidentais, aínda que podería encadrarse próximo ao estilo surrealista e a representación figurativa.

Foi creado inicialmente para a representación do imaxinario do pobo africano: a fauna e flora africanas, as rutinas tradicionais da tribo masai, pero tamén baixo a infuencia da importante demanda turística na zona. Emprega, na maioría dos casos, pintura acrílica de cores moi saturados, e cun acabado brillante ou “glossy”. O trazo realízase cunha liña nítida e firme e predomina a liña curva.

Allen Enock Abeid é un artista novo nado no ano 1989 nunha localidade rural de Tanzania. Exerce como guía local nunha das plantacións de café nas que se atopa o salto de auga de Materuni. Acaba de participar na National Cup of Germany of Social Entrepreneurs (Trofeo nacional de Alemaña de emprendedores no eido social) baixo a asociación de comercio xusto “Asante.sanaa” que procura dar voz e comercializar no mercado europeo a artistas tanzanos.

Actualmente atópase empadroado en Lugo e continúa a desenvolver o seu labor artístico.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...