InicioSociedadeOs concellos reciben máis competencias e fondos contra a violencia de xénero

Os concellos reciben máis competencias e fondos contra a violencia de xénero

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informa ás administracións locais das medidas urxentes do pacto de Estado contra a violencia de xénero

PUBLICADA O

- Advertisement -

ANA BELÉN FERNÁNDEZ | Recentemente aprobouse o Real Decreto-Lei de medidas urxentes para o desenvolvemento do pacto de estado contra a violencia de xénero. Segundo a subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, este decreto devolve aos concellos as competencias en materia de igualdade e violencia contra a muller, fortalece a tutela xudicial, o acceso á xustiza e aos recursos de asistencia ás vítimas de xénero.

Esta devolución de competencias á Administración Local supón tamén a transferencia de recursos económicos. Os fondos destinados aos programas dirixidos a erradicar a violencia de xénero para os Concellos (20 millóns de euros no presente exercizo e 40 millóns de euros en 2019), distribuiranse vía transferencia finalista e directa, ou a través doutras Entidades Locais, tal e como apunta, Isabel Rodríguez.

Os criterios de distribución dos fondos será o seguinte:

  • Unha cantidade fixa de 689 euros por Concello
  • Unha cantidade fixa por importe de 0,18 euros por habitante, no presente exercizo e tomando como referencia os habitantes de dereito ao 1 de xaneiro de 2017
  • O remanente que exista despois de aplicada a anterior repartición, distribuirase proporcionalmente entre todos os municipios incorporados ao Sistema de Seguemento Integral de Violencia de Xénero (VIOGEN)

Os 67 concellos recibirán máis de 106.000 euros e no exercizo de 2019 máis do dobre. A esa cifra engadirase o remanente que recibirán os que se integren no programa Viogen.

A mediados deste mes de setembro tíñanse rexistrado na provincia, 466 casos de violencia de xénero activos, 251 deles cun nivel de risco non apreciado, 181 de risco baixo, 32 catalogados como risco medio, 2 de risco alto e ningún considerado de risco extremo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...