InicioSociedadeBaltar reclama máis fondos europeos de desenvolvemento rural para as provincias de...

Baltar reclama máis fondos europeos de desenvolvemento rural para as provincias de Ourense e Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Ourense reivindicou o seu peso e o da provincia de Lugo á hora de percibir os fondos europeos Leader, xa que, ao seu xuízo, son “territorios determinantes para Galicia” e deben recibir máis partidas no próximo programa de financiamiento 2023-2027. Así figura nunha declaración institucional aprobada este luns polo goberno provincial, cuxo presidente, Manuel Baltar, leu tras a xunta de goberno, na que advertiu de posibles “duplicidades de financiamento” nas provincias da Coruña e Pontevedra pola concepción destas axudas e a recepción doutras relacionadas coa súa condición de territorios costeiros.

No escrito, a deputación defende que Ourense e Lugo son as provincias que teñen o maior despoboamento, o máis alto envellecemento e a menor densidade de poboación, uns criterios que indican “unha alta ruralidade”.

Lembra que o programa Leader achega fondos para apoiar estratexias que xeren riqueza e emprego nas zonas menos desenvolvidas, polo que “as provincias de interior son determinantes no conxunto de Galicia” para a percepción dos mesmos.

Ademais, o presidente provincial lembrou que parte destes fondos están xestionados polos grupos de desenvolvemento rural, sobre os que manifestou que a Deputación de Ourense “é a primeira en Galicia en integrarse como socia nas asembleas do seis existentes na provincia”.

Neste sentido, fixo fincapé na súa declaración institucional en que na maior parte das provincias da Coruña e Pontevedra, xunto cos GDR, tamén funcionan os grupos de acción costeira que controlan o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura, os Fempa.

Así, considera que estas provincias “dispoñen dun dobre financiamiento” e é o motivo polo que entende que “é de xustiza” que as estratexias de desenvolvemento local participativo das provincias de Ourense e Lugo “conten cunha maior dotación de fondos no próximo programa Leader 2023-2027”.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...