InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo investirá máis dun millón de euros no arranxo...

O Concello de Lugo investirá máis dun millón de euros no arranxo do novo auditorio para “abrilo con seguridade”

O concello pretende abrir "canto antes" o proceso de licitación das obras para pór o auditorio "ao servizo da cidadanía, canto antes, nunhas condicións óptimas e de máxima seguridade e funcionalidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este martes o proxecto de execución do novo auditorio, que recolle as obras que desenvolverá a administración local para abrir o edificio “con garantías de seguridade” e para as que achegará máis dun millón de euros.

Segundo trasladou o concello, con este investimento preténdese “arranxar as deficiencias e danos que presenta o edificio derivadas dos seus problemas estruturais e das deficiencias construtivas”, pero “tamén da falta de mantemento por parte da Xunta” desde que finalizou a súa execución, en abril do ano 2016, e “ata que o concello recibiuno a finais de xuño do 2020”.

En todo caso, tras unha última avaliación, Lara Méndez, avanzou que o investimento municipal para poder abrir o novo auditorio ascenderá a máis dun millón de euros, algo que, na súa opinión, “supón unha burla para a cidadanía de Lugo”.

Así mesmo, a alcaldesa lembrou que no momento da recepción, o concello tentara entregar á Xunta os informes dos técnicos municipais onde xa se sinalaban algunhas deficiencias advertidas nas “dúas únicas visitas que lles deixaron realizar previamente”.

Naquel momento, continuou, calculaba que o investimento municipal ascendería a máis de 300.000 euros pero, segundo indicou, cando recepcionaron o inmoble, atopáronse con “unha deterioración maior, con que a Xunta non realizara as probas dos equipamentos nin o mantemento do inmoble, ademais de con todas as garantías caducadas”.

Así, o consistorio municipal comunicou que o proxecto abarcará actuacións “encamiñadas a reparar os numerosos danos que presenta o inmoble”, pero tamén “os problemas estruturais e deficiencias construtivas”. Sobre isto, Méndez detallou que se trata das causadas por humidades procedentes do exterior, que afectan as cubertas, fachadas, estruturas, carpintaría exterior, revestimentos interiores e pavimentos.

Por outra banda, levarán a cabo a urbanización do exterior do auditorio, con actuacións como reconducir o acceso cara á fachada principal. O concello pretende abrir “canto antes” o proceso de licitación das obras para pór o auditorio “ao servizo da cidadanía, canto antes, nunhas condicións óptimas e de máxima seguridade e funcionalidade”.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...