InicioCulturaOs sons das zanfonas encherán Lugo esta fin de semana

Os sons das zanfonas encherán Lugo esta fin de semana

Volve o 'II Encontro Celme da Zanfona', con varios concertos pola cidade, clases maxistrais ou debates e conferencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Chega a Lugo o ‘II Encontro Celme da Zanfona’ co gallo de “contribuir á promoción e dinamización deste instrumento e axudar a darlle unha maior visibilidade para a poboación xeral”. As actividades, que terán lugar ao longo desta fin de semana con distintos concertos e actuacións de rúa pola cidade, están organizadas pola Asociación de Gaiteiras Galegas xunto coa area de Cultura do Concello de Lugo, o Centrad e Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Este encontro, que encherá a cidade de Lugo cos sons das zanfonas, pretende dar a coñecer e poñer en valor a zanfona, ao facer protagonista do encontro a súa música, as escolas existentes no país e as novas propostas dentro do panorama actual da música
tradicional galega. “Queremos axudar a conservar e transmitir ás vindeiras xeracións o Patrimonio Cultural Inmaterial herdado dos nosos antepasados, nesta ocasión, relacionado coa zanfona”, explica a Asociación de Gaiteiras Galegas nun comunicado.

CLASES, DEBATES E MOITA MÚSICA

Así pois, os vindeiros 3, 4 e 5 de xuño, Lugo converterase na cidade da zanfona con clases maxistrais a cargo de Oscar Fernández, Antón Castro e Suso Vaamonde (previa inscrición), mesas de debate, unha conferencia sobre a zanfona e o repertorio Patrimonial Galego a cargo Jose Luis do Pico Orjais e moita música.

O Encontro ten previstos os concertos Sobre Rodas Aulas de zanfona de Cantigas e Agarimos, Fingoi e Tradescola; Xemelgas (Óscar Fernández e Manu Fraguela); Monifates; Suso Vaamonde; ETRAD Zanfona Ensemble; Du Pedro Pascual & German Díaz, e congrega case á totalidade de escolas do país: Padroado de Cultura de Narón, Escola de Zanfonas Suso Vaamonde de Pontevedra, Fingoi de Lugo, Tradescola de Lugo, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Cántigas da Terra da Coruña, Zanfonistas da Pontraga, A.C. Brisas do Quenllo de Tordoia, ETRAD Zanfona Ensemble de Vigo e as Aulas de zanfona da Escola de Gaitas Provincia de Pontevedra e do Conservatorio de Torroso en Mós.

Podes ver o programa completo e detallado neste enlace.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...