InicioSucesosDenunciados 21 conductores de 600 controlados por superar a velocidade máxima no...

Denunciados 21 conductores de 600 controlados por superar a velocidade máxima no centro de Lugo

A velocidade máis alta detectada ascendeu a 78 quilómetros por hora nunha vía limitada a 50 km/h

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a 21 condutores por exceder a velocidade máxima en vías do centro da capital luguesa, un deles sorprendido a 78 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50 km/h.

Segundo informou a Policía Local, efectivos da Unidade Territorial da Policía de Barrio estableceron diferentes controis de velocidade en vías do centro urbano, en zonas nas que se detecta “un incremento de accidentes”.

Así, no marco destes controis co emprego dun vehículo policial dotado de cinemómetros, controláronse 594 vehículos e foron denunciados 21 condutores por exceder a velocidade máxima establecida.

A velocidade máis alta detectada ascendeu a 78 quilómetros por hora nunha vía limitada a 50 km/h, o que supón unha multa de 300 euros e a retirada de dous puntos do permiso de conducir, concretou a Policía Local.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...