InicioLugo e contornaLugoPiden trasladar a Consellería de Medio Rural a Lugo

Piden trasladar a Consellería de Medio Rural a Lugo

Galicia Baleira defende que axudaría a combater a despoboación e Lugo "é unha provincia agrogandeira".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Galicia Baleira reivindica que a Consellería de Medio Rural se asente en Lugo, no marco dunha proposta que vai máis aló en canto a descentralización da Administración autonómica, ao defender que se trata dunha “provincia agrogandeira”. O presidente desa plataforma, Jesús Vázquez, que agrupa á federación veciñal de Lugo e Limar de Ourense, aclarou que a iniciativa parte da “España Baleirada” de “descentralizar servizos”. “Non ten que estar todo en Santiago”, apostilou.

Vázquez sinalou que expoñen que “a Consellería (de Medio Rural) veña para onde ten que vir, que é para Lugo, dado que esta é unha provincia agrogandeira”. Seguidamente esgrimiu, para a proposta, que Lugo, ademais, “ten un campus agrogandeiro” de “gran importancia”, e coa fixación aí da Consellería suporía “contar con máis funcionarios e, con iso, axudar a paliar a perda de poboación”.

A plataforma Galicia Baleira convidou aos líderes do PP, BNG e PSOE a participar das medidas que se queren implementar por parte desta plataforma para combater sobre todo a “sangría demográfica”.

“Trátase de facer balance e trasladar aos distintos líderes políticos en que traballamos para evitar a sangría demográfica”, sinalou. Así mesmo, Jesús Vázquez apelou a “a importante perdida de poboación nas provincias de Lugo e Ourense, e así en Lugo no últimos oitenta anos perdéronse preto de douscentos mil habitantes e en Ourense ocorreu algo similar”. “Lugo chegou, mesmo, o pasado ano a perder dous mil habitantes”, apuntou.

Galicia Baleira xa se reuniu co secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e agora espera manter un encontro co líder do Partido Popular de Galicia e presidente da Xunta, Alfonso Rueda. De momento a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, non respondeu á petición dunha reunión coa devandita plataforma, segundo sinalou o seu portavoz.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...