InicioSucesosDenuncian catro gorrillas sorprendidos na contorna do aparcadoiro do HULA

Denuncian catro gorrillas sorprendidos na contorna do aparcadoiro do HULA

Neste dispositivo, no que empregaron vehículos policiais camuflados, os axentes mobilizados tramitaron catro actas de denuncia por infraccións á Ordenanza de Circulación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciou a outro catro gorrillas que foron sorprendidos na contorna do aparcadoiro do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Segundo informou a Policía Local, na mañá do pasado sábado, 14 de maio, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron un dispositivo especial para o control da “conduta ilegal de aparcacoches na contorna do HULA”.

Neste dispositivo, no que empregaron vehículos policiais camuflados, os axentes mobilizados tramitaron catro actas de denuncia por infraccións á Ordenanza de Circulación.

En concreto, os axentes sorprenderon a catro persoas que transitaban pola calzada “para indicar estacionamentos libres a condutores, ocasionando molestias e pondo en risco a súa integridade física”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...