InicioLugo e contornaLugoA Policía Local dá un golpe aos 'gorrillas' do HULA con coches...

A Policía Local dá un golpe aos ‘gorrillas’ do HULA con coches camuflados

Denunciou a sete persoas valéndose, entre outras, da 'Lei Mordaza'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a sete gorrillas sorprendidos cando exercían a “conduta ilegal” de aparcacoches na zona do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo. Segundo informou a Policía Local, este pasado mércores efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron un dispositivo especial para o control da “conduta ilegal de aparcacoches” na contorna do HULA, para o que empregaron vehículos policiais camuflados.

En concreto, tramitáronse sete actas de denuncia por infracción á ordenanza de Circulación, Regulamento Xeral de Circulación e Lei de Seguridade Cidadá. As mesmas fontes municipais indican que as persoas foron denunciadas ao ser sorprendidas cando realizaban a “conduta de invadir a calzada para indicar estacionamentos a condutores, ocasionando molestias e pondo en risco a súa integridade física”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...