InicioLugo e contornaLugoLugo peonalizará unha rúa ao carón dun colexio para mellorar a seguridade

Lugo peonalizará unha rúa ao carón dun colexio para mellorar a seguridade

Prevén executar as obras no verán para non provocar problemas de tráfico no vindeiro curso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo fará peonal a rúa Gallego Tato. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou o proxecto para a vía do barrio da Piringalla, avanzando nas actuacións nas contornas escolares. O Tenente Alcalde afirmou que “hai dous anos e medio comezamos a executar actuacións de calmado de tráfico nas contornas dos centros escolares, e agora continuamos coa mellora das zonas escolares cun novo plan de humanización que comezará no colexio Luís Pimentel”.

Arroxo presentou así un proxecto de humanización que afectará ao treito que comunica as rúas Lavandeira e Magnolia. No acto estiveron as representantes da directiva e da ANPA do CEIP Luís Pimentel. O Tenente Alcalde destacou que “este é o centro de ensino que conta con máis estudantes na cidade, e está situado nunha zona na que conflúen centros de ensino, instalacións deportivas e un centro social, polo que se fai necesario contar cun espazo humanizado para o goce da veciñanza”.

O Goberno de Lugo xa incidiu que sacará abrirá o procedemento de licitación nas vindeiras semanas, cun orzamento base de 259.249,82€. “Buscamos executar a obra durante as vacacións de verán, para que co comezo do curso a maior parte dos traballos xa estean realizados, tratando de producir as menores molestias posibles ao normal funcionamento do centro escolar”, declarou Arroxo.

“Este proxecto será o espello no que continuar avanzando na humanización dos centros de ensino, tal e como nos veñen solicitando tanto as directivas como as asociacións de nais e pais dos distintos centros”, explicou o Tenente Alcalde, que engadiu “seguiremos traballando para continuar a humanizar e embelecer a cidade creando espazos útiles para a as persoas”.

ÚLTIMAS

O Arde Lucus ofrecerá este ano máis de 320 actividades do 12 ao 15 de xuño

Lugo prepárase para o Arde Lucus, a que é por terceiro ano consecutivo festa...

Os túneles de Doncos e Cereixal, na A-6, permanecerán cortados durante tres noites esta semana por obras

O Ministerio de Transportes realizará cortes de tráfico durante as noites deste martes, mércores e xoves...

Pillan en Lugo a un ciclista que cuadriplicaba a taxa de alcol

Axentes da Policía Local interceptaron nunha avenida da cidade de Lugo a un ciclista...

O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións para construír tres parques eólicos en Lugo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou a suspensión, de forma cautelar, das autorizacións...