InicioSociedadeO CEIP Paradai de Lugo: "Un exemplo na integración dos escolares refuxiados...

O CEIP Paradai de Lugo: “Un exemplo na integración dos escolares refuxiados de Ucraína”

Un total de 504 refuxiados están escolarizados en 186 centros educativos galegos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 504 refuxiados están escolarizados en 186 centros educativos galegos. Así o trasladou a Consellería de Educación este luns, que detallou que 204 están en colexios e institutos da provincia da Coruña, 176 na de Pontevedra, 83 na de Ourense e 46 na de Lugo.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións, Román Rodríguez, visitou este luns o colexio CEIP Paradai, en Lugo, onde se atopan escolarizados tres dos máis de 500 refuxiados escolarizados en Galicia.

Segundo trasladou o departamento de Educación nun comunicado, Román Rodríguez aproveitou esta visita para felicitar ao conxunto da comunidade educativa galega e, en especial, ao colexio Paradai, por ser “exemplo de acollida e de integración” destes alumnos por parte dos seus compañeiros, das familias e dos profesores.

Ademais, destacou “a parte positiva” deste proceso, “sen obviar as terribles circunstancias”, pola solidariedade e “o enriquecemento mutuo en todos os sentidos”, tamén a nivel educativo, do que, asegurou, hai que sentirse orgullosos como cidadáns.

Nesta mesma liña, sinalou ao centro educativo lucense como “un referente en inclusión e atención á diversidade” do alumnado, xa que detallou que o 54% do total de 311 alumnos cos que conta o centro son de orixe estranxeira, con 21 nacionalidades distintas.

Por outra banda, o conselleiro en funcións puxo en valor que o Goberno da Xunta traballou “desde o primeiro momento” para organizar unha acollida ordenada aos desprazados, especialmente no ámbito escolar, onde destacou que se habilitou un procedemento extraordinario para a incorporación inmediata dos nenos ás aulas, á vez que se lles garantiron os servizos gratuítos de transporte, comedor e material escolar necesario.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...