InicioAncaresNavia de SuarnaFinaliza a limpeza de dous ríos en Navia de Suarna

Finaliza a limpeza de dous ríos en Navia de Suarna

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico investiu case 30.000€ nos traballos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico finalizou traballos de mantemento e conservación nas canles de dous ríos do termo municipal de Navia de Suarna, para os que destinou uns 29.600 euros. Segundo informou a entidade nun comunicado de prensa, en concreto, actuou no Río Ser, na contorna de Vallo, e no Río Navia, nas proximidades de Muñís. A lonxitude total destas actuacións ascende a 1.473 metros de canle.

Os traballos principais consistiron na retirada de árbores e restos vexetais acumulados en diferentes tramos da canle, así como a talla de árbores secas, enfermos ou con risco de caída, e realización de labores de pódaa. Estas actuacións, cun investimento de 29.633,39 euros, realizáronse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de canles que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, nas que os labores de conservación e mantemento de canles son competencia dos concellos. Durante o pasado ano 2021 investíronse na provincia de Lugo 528.178,01 euros repartidos en 42 actuacións en 14 municipios, concretou a entidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...