InicioSociedadeUn dos grandes veterinarios de Lugo, Juan Rof, elexido científico galego do...

Un dos grandes veterinarios de Lugo, Juan Rof, elexido científico galego do ano 2022

No ano 1898 foi destinado a Lugo, e alí naceu o seu interese polos problemas gandeiros de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) homenaxeará ao veterinario Juan Rof Codina como “Científico Galego do Ano”, decisión que se anunciou no acto de apertura do curso académico 2022 o pasado 22 de febreiro.

A RAGC valorou detidamente a figura de Rof Codina e salientou a súa contribución á modernización do sector agropecuario en Galicia e á difusión do concepto de asociacionismo entre os gandeiros galegos.

Aínda que o acto académico central de homenaxe terá lugar o 6 de outubro co gallo do “Día da Ciencia en Galicia”, programaranse durante todo o ano diversas actividades para dar a coñecer a súa figura e as súas contribucións.

Juan Rof Codina foi un dos principais impulsores da veterinaria en España. Terceiro fillo dunha modesta familia catalá, na que seu pai, Pablo Rof Xirinachs, tiña un taller de ferrería e de labores de cerralleiro, Rof viuse obrigado a deixar a escola para axudalo no taller.

Animado pola súa nai, Micaela Codina Portillo, desprazouse a Madrid para estudar na Escola Superior de Veterinaria, traballando primeiramente de mancebo nunha farmacia para costearse os seus gastos.

Obtivo o posto de tenente veterinario militar en 1898 e foi destinado a Lugo, onde naceu o interese polos problemas gandeiros de Galicia. O seu introdutor neste ámbito foi o veterinario Ramón Carballo, co que estableceu unha relación máis que profesional ao casar coa súa filla Concepción Carballo Lameiro.

Xunto a outros técnicos agropecuarios da época, Rof Codina traballou arreo a prol da renovación técnico-produtiva da agricultura galega ao longo do século XX, destacando dous campos: a aplicación e divulgación de novidades zootécnicas e a posta en práctica de medidas de hixiene pecuaria para a mellora substancial do continxente gandeiro.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...