InicioSucesosUn home de 26 anos, e con sete detencións, arrestado como autor...

Un home de 26 anos, e con sete detencións, arrestado como autor dos disparos na Mariña Española en Lugo

Acudiu a comisaría ao saberse investigado para presantar unha coartada, pero foi detido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a un home de 26 anos como presunto autor dos disparos na madrugada do 28 de febreiro ao 1 de marzo na Mariña Española, nunha zona de local de lecer nocturno. O home acudiu a comisaría para contar a versión dos feitos, pero ao ser identificado como o presunto autor dos feitos, foi detido e posto a disposición xudicial.

Segundo explica a Policía nun comunicado, o detido, veciño de Lugo e natural de Portugal, ten ata sete detencións anteriores por diferentes delitos. Os feitos ocorreron na madrugada do 28 de febreiro ao 1 de marzo, cando tras unha disputa na rúa Mariña Española, debido á negativa dun dos porteiros dos locais de lecer que “impediu a entrada a uns mozos que xa con anterioridade lles causaran problemas”, iniciouse unha pelexa entre ambas as partes, froito da cal resultaron feridos dous mozos que trataban de axudar ao vixiante que impediu o acceso ao local.

Á chegada das primeiras dotacións policiais, os agresores “fuxiron” a pé do lugar en dirección á rúa San Roque, momento no que a zona, quedou “en principio, tranquila”.

Minutos despois, e xa sen presenza policial, recibíronse unhas 13 chamadas telefónicas no 091 avisando duns posibles disparos na rúa Mariña Española, que, segundo as denuncias, foran realizados por un mozo desde o interior “dun vehículo de cor vermella, do que identifican marca, modelo e matrícula“.

RESTOS DE DISPAROS

Unha vez as dotacións no lugar, comprobaron como hai restos de disparos, do calibre 7.65. Segundo as investigacións, foron disparados en dúas quendas, unha ao principio da rúa, unhas cinco detonacións, e outra xa na confluencia coa rúa Galicia, con outras seis detonacións.

Por parte dos funcionarios de Policía Científica, recuperáronse todos os casquillos, así como compróbanse os impactos localizados en dous lugares, un sinal de tráfico e unha xanela, sendo os danos leves, xa que a munición é de baixa intensidade.

INVESTIGACIÓN

Por mor dos feitos, iniciouse unha investigación, con diferentes tomas de declaración, visionado de imaxes, informes de Policía Científica e demais dilixencias de investigación, que levou a pechar o círculo en torno ao autor dos disparos.

Así, foi localizado e antes da súa detención –xa prevista– o acusado, xunto con outros familiares, presentáronse en dependencias policiais para asegurar que o autor dos disparos era outra persoa, a cal quere entregarse, co fin de “saír indemnes”, xa que esta persoa “tería unha coartada” para o día dos feitos.

Deste xeito, detívose á persoa que a Policía identificara como presunto autor dos feitos para pola, a continuación, a disposición xudicial este xoves.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...