InicioLugo e contornaLugoDenunciados nove condutores en Lugo por quedar a facer "carreiras ilegais" no...

Denunciados nove condutores en Lugo por quedar a facer “carreiras ilegais” no polígono

Interceptado un condutor de 32 anos sen carné por resolución xudicial coa taxa de alcoholemia máis alta en Lugo no que vai de ano

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou este pasado venres a nove condutores, cinco deles por condución “temeraria” ou “neglixente”, no marco dunha “quedada de vehículos” detectada no polígono industrial das Gándaras.

Segundo informou a Policía Local, a través das redes sociais detectouse que o pasado venres 25 de febreiro, a partir das 22,00 horas, convocouse unha “quedada de vehículos” no polígono industrial das Gándaras.

Por iso, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio e do Grupo Operativo Nocturno, con patrullas rotuladas e camufladas, estableceron un dispositivo especial para o control desa “quedada” co fin de garantir o cumprimento da normativa de seguridade viaria.

As patrullas despregáronse en “lugares estratéxicos”, destacan as mesmas fontes, e realizaron diferentes filtros de seguridade. Así, abriron expedientes sancionadores a nove condutores, un deles por condución temeraria, que leva multa de 500 euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir, destacan as mesmas fontes policiais.

Ademais, foron denunciados catro condutores por condución neglixente e dous por levar nos portelos láminas non homologadas. Tamén foi denunciado outro por non ter o vehículo a ITV no prazo debido e outro por circular sen seguro obrigatorio de automóbiles.

ALCOHOLEMIAS

Por outra banda, no marco das celebracións do Entroido, este pasado fin de semana nos controis de alcoholemia e drogas establecidos pola Policía Local detectáronse sete condutores que circulaban con niveis superiores aos establecidos reglamentariamente.

CARECE DE CARNÉ

O sétimo foi sorprendido na rúa Ortega e Gasset cunha “forte intoxicación etílica”, indica a Policía Local. Obtivo na proba positivo de 1,38 mg/l e instruír dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

A Policía Local comprobou, ademais, que este condutor, de 32 anos, carece de permiso de conducir por resolución xudicial, polo que tamén foi investigado por outro delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido e o vehículo foi inmobilizado.

ÚLTIMAS

Estabilizado un incendio forestal en Pantón que afecta a unhas 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...