InicioEconomíaA Deputación destinará 200.000 euros para actividades culturais e 100.000 para o...

A Deputación destinará 200.000 euros para actividades culturais e 100.000 para o programa ‘Saborea a túa provincia’

Mantense un ano máis o apoio económico aos colectivos que traballan na promoción cultural, no fomento da lingua e na protección do patrimonio inmaterial e das tradicións, desde o ámbito local ou comarcal tamén".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo destinará 200.000 euros en subvencións para actividades culturais, e 100.000 euros para a terceira edición do programa ‘Saborea a túa provincia’, segundo deron a coñecer, tras a xunta de goberno, a vicepresidenta provincial e responsable de Cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, e a portavoz socialista e deputada de turismo, Pilar García Porto.

Ferreiro precisou que “se aprobaron as bases de subvencións para asociacións culturais que contará cun orzamento de douscentos mil euros e ten por obxectivo financiar actividades de promoción e dinamización cultural organizadas durante este ano”.

Así disporán de “subvencións de entre 300 e 3.000 euros”. Mantense un ano máis o apoio económico aos colectivos que traballan na promoción cultural, no fomento da lingua e na protección do patrimonio inmaterial e das tradicións, desde o ámbito local ou comarcal tamén”.

Pola súa banda, a portavoz socialista e deputada de Turismo, Pilar García Porto, anunciou a posta en marcha dunha nova edición do programa ‘Saborea a túa provincia’, para o que se destinarán 100.000 euros.

XORNADAS GASTRONÓMICAS

Trátase dunhas xornadas gastronómicas e lúdicas que se impulsaron desde a área de turismo e que ten como obxectivo promover, promocionar e incentivar o consumo dos produtos de calidade da nosa provincia, como unha fórmula para dinamizar a economía dos concellos e axudar á recuperación da hostalaría, do turismo, do comercio e dos pequenos produtores”, concretou.

Porto destacou que devandito programa, que se porá en marcha en agosto en nove concellos da provincia, servirá para “seguir consolidando un modelo de turismo, polo que apostamos desde a Deputación de Lugo para favorecer o desenvolvemento socio económico da provincia, cun turismo de calidade, sustentable e non masificado”.

Na mesma xunta de goberno aprobouse a licitación dun contrato para a prestación de servizos básicos nos centros de atención a maiores dos concellos de Trabada e Ribadeo. En conxunto, o importe, para este ano, supera os 1,5 millóns de euros, 683.000 para Trabada e 840.000 no caso da residencia de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...