InicioLugo e contornaLugoO goberno local de Lugo estuda iniciar accións legais pola gravación do...

O goberno local de Lugo estuda iniciar accións legais pola gravación do carril bici feita polo PP

O tenente de alcalde e portavoz municipal, Miguel Fernández, explicou este martes que durante as últimas horas "foron moitos os veciños" que manifestaron o seu rexeitamento ás gravacións e trasladaron as súas queixas ao goberno local e ao Partido Popular, por consideralas "inapropiadas" e "ilexítimas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anunciou este martes que estuda emprender accións legais pola gravación que o Partido Popular efectuou do carril bici o pasado mes de xaneiro para comprobar cantos ciclistas facían uso do itinerario ao día.

Nun comunicado, o goberno local cualificou o comportamento de “nada ético” e expón a posibilidade de que sexa “constitutivo de infracción e sancionable”. O documento engade que van pór os feitos en coñecemento da Axencia de Protección de Datos para que “analice e actúa en consideración”.

O pasado mes de xaneiro, grupo municipal do PP quixo comprobar o uso que os lucenses facían do carril bici situado na Rolda do Carme e para iso instalaron unha cámara nun coche aparcado xunto ao viario, que estivo a gravar durante 15 horas, como eles comunicaron este luns.

O tenente de alcalde e portavoz municipal, Miguel Fernández, explicou este martes que durante as últimas horas “foron moitos os veciños” que manifestaron o seu rexeitamento ás gravacións e trasladaron as súas queixas ao goberno local e ao Partido Popular, por consideralas “inapropiadas” e “ilexítimas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba denuncia a falta de avances en solucións para a estación de autobuses

O Concello de Vilalba volve reclamar unha solución efectiva e inmediata para a estación...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...