InicioLugo e contornaLugoAmor #LocalmenteLucenses por San Valentín

Amor #LocalmenteLucenses por San Valentín

A campaña inclúe por un lado a elaboración dun vídeo coas ideas para pasar o día de San Valentín e por outro lado, organizaranse escenas de humor e amor nas prazas das cinco agrupacións de barrios da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno de Lara Méndez pon en marcha unha nova campaña, enmarcada no movemento Localmente Lucense, para dinamizar a actividade dos barrios e fomentar as compras nos establecementos de proximidade, con motivo da festividade de San Valentín.

A rexedora explicou que “é unha nova iniciativa que quere incentivar o amor polos barrios Localmente Lucenses a través das campañas estacionais que desenvolvemos para dinamizar a vida e a reactivación económica, buscando sensibilizar aos lucenses cunha campaña que contempla accións online e a pé de rúa”.

Deste xeito, a campaña inclúe, por un lado, a elaboración e difusión -na páxina web e nas redes sociais do Concello- dun vídeo con ideas para pasar un San Valentín #LocalmenteLucense, así como a elaboración de material gráfico, adaptado a cada sector de actividade, para que os establecementos poidan utilizar dende as súas propias
canles durante a campaña de San Valentín.

E, por outro lado, organizaranse escenas de humor e amor nas prazas das cinco agrupacións de barrios nas que foi dividida a cidade para impulsar o movemento Localmente Lucense. Trátase de escenas e improvisacións, a cargo de dous animactores, que falarán sobre o consumo local en clave de humor e amor polo barrio.

Lara Méndez subliñou que “actualmente, xa son máis de 550 os establecementos adheridos ao proxecto Localmente Lucense, que impulsamos dende o executivo municipal cun investimento dun millón de euros, e que combina unha ampla oferta de lecer e entretemento por barrios, con formación específica e asesoramento dirixido a locais comerciais e de hostalería para que resulten máis atractivos”.

CALENDARIO

Mércores 9, de 17:00 a 19:00 horas, na zona Leste (barrios da Cheda, A Ponte, Anxo Carro, A Piringalla, A Residencias, Casás, Louzaneta e O Castiñeiro).

Xoves 10, de 17:00 a 19:00 horas, na zona Sur (barrios de Acea de Olga, Augas Férreas, Fingoi, Montirón, Paxariños, Ramón Ferreiro, Recatelo, San Fiz e San Roque).

Venres, 11, de 17:00 a 19:00 horas, na zona Oeste (os barrios da Chanca, Paradai, Castelo, A estación, As Gándaras, Fontiñas, Galegos e Sagrado Corazón).

Sábado 12, de 12:00 a 14:00 horas, na zona Norte (barrios de Albeiros, Garabolos, A Milagrosa, Avenida da Coruña e Barrio Feijoo).

Luns 14, de 17:00 a 19:00 horas, na zona centro (barrios do casco histórico e A Tinería).

ÚLTIMAS

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

BNG de Lugo di que os orzamentos da Xunta mostran “falta de proxectos”

A deputada do BNG por Lugo Olalla Rodil asegurou que os orzamentos da Xunta...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...

O PP de Lugo celebra o “compromiso” da Xunta coa provincia reflectido nos orzamentos

Os deputados lucenses do PP no Parlamento celebraron o "compromiso" da Xunta coa provincia...