InicioA UlloaSoben os novos contaxios e os hospitalizados en Lugo a pesar da...

Soben os novos contaxios e os hospitalizados en Lugo a pesar da baixada xeral en toda Galicia

Hai 325 novos contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia mantén á baixa a súa cifra de novos contaxios diarios de Covid, que xa están por baixo dos 3.000 e, aínda que o total de enfermos volveu a reducirse, a presión hospitalaria creceu novamente, con 46 ingresados máis, 2 en Unidades de Coidados Intensivos e 44 en camas convencionais.

Segundo os datos publicados este luns pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas do domingo, hai 53.706 enfermos de Covid en Galicia, 3.861 menos que o día anterior ( e 9.161 menos que hai unha semana). Nas últimas horas, rexistráronse 2.738 novos contaxios. Todas as áreas sanitarias notificaron menos contaxios novos que a xornada anterior, agás a de Lugo que rexistrou 325 novos contaxios e queda con 5.573 persoas con Covid.

VOLVE A SUBIR A PRESIÓN HOSPITALARIA

Segundo informou este luns o Sergas, hai un total de 48 persoas con Covid en coidados críticos e 689 pacientes en planta. Por áreas, o maior número de enfermos graves están na da Coruña, con 14 ingresados (sen cambios na ocupación), seguida pola área de Lugo, con 9 pacientes en UCI (dous máis). Con respecto aos enfermos en unidades convecionais de hospitalización, aumentaron en todas as áreas. Lugo ten 72 (+12).

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...