InicioLugo e contornaLugo"Lugo segue a ser a única capital galega de provincia se conexión...

“Lugo segue a ser a única capital galega de provincia se conexión co AVE”

A plataforma Lugo... non perdas o tren volve reclamar unha mellora das infraestuturas nun acto coa CEG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Plataforma ‘Lugo… Non perdas o Tren’ vén de emitir un novo comunicado no que explica que “non se resigna a unha provincia sen infraestruturas ferroviarias”. Así se puxo de manifesto hoxe na reunión mantida na sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) polos seus responsables e representantes de diferentes entidades empresariais, que con este encontro, explican “buscaban revitalizar o coñecemento público das súas demandas e emprender novas liñas de acción conxunta”.

Concretamente, o encontro foi presidido por Jesús Vázquez Varela, presidente da Plataforma e da Federación de Asociacións Vecinais “Lucus Augusti”, entidade impulsora da mesma, e por Eduardo Valín Fernández, conselleiro delegado da CEL, organización empresarial lucense vencellada tamén a este colectivo dende o primeiro momento.

Dende a CEL destacouse a utilidade da Plataforma como punto de encontro e unión dos colectivos cidadás e empresarias da provincia -en palabras de Eduardo Valín, “o que é bo para os cidadás, é bo para os empresarios e viceversa”-, así como a necesidade de trasladar de forma clara aos responsables políticos cales son as prioridades en materia de infraestruturas ferroviarias da nosa provincia para acordar prioridades e acadar compromisos claros ao respeto”.

Neste senso, dende a CEL destácase e agradécese a inversión prevista para a electrificación da vía Lugo – Monforte de Lemos, sinalando que se trata dunha inversión histórica no tren por parte do Estado, pero que “non é suficiente” porque Lugo “segue a ser a única capital de provincia en Galicia sen conexión coa alta velocidade”, o é “vital tela tanto para os cidadáns como para o futuro das empresas da provincia”, en palabras de Eduardo Valín.

Tanto os representantes empresariais como veciñais coinciden en que tamén é básico en Lugo en materia de ferrocarril é “executar canto antes a conexión ferroviaria Monforte – Lugo – A Coruña co Corredor Atlántico para garantir a salida dos nosos produtos e, por suposto, a vertebración de todo o Norte provincial vía autovía cara Ferrolterra e a modernización das liñas FEVE nesta zona para o transporte de mercadorías e viaxeiros”.

ÚLTIMAS

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...