InicioSociedadeStop Desafiuzamentos Lugo urxe á Xunta que asuma a titularidade do edificio...

Stop Desafiuzamentos Lugo urxe á Xunta que asuma a titularidade do edificio de Burela que xestiona a Sareb

A portavoz da plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo, Mina Galván, di que é "ilóxico" que "non haxa construcións públicas e que a Sareb se faga con eses pisos e logo os venda cando temos falta de vivenda".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz da plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo, Mina Galván, apremou tamén este mércores á Xunta de Galicia a que se faga co edificio de Burela situado na rúa Cantábrico, que xestiona a Sareb ou banco malo, para evitar que queden na rúa tres familias.

Segundo explicaron, trátase dun inmoble de 16 pisos, das que agora se atopan ocupados tres cuxas familias foron ameazadas polo Sareb con desaloxalos este xoves 27, aínda que finalmente, segundo indicou Galván, a mediación da Deputación de Lugo vai impedir dito desafiuzamento.

O que nos comentan é que a Deputación está a mover ficha para que esas familias queden nesas vivendas, que son vivendas que deberían de ser públicas”, destacou a activista.

Para Galván é “ilóxico” que “non haxa construcións públicas e que a Sareb se faga con eses pisos e logo os venda cando temos falta de vivenda“. “Ademais trátase dunha construción pública que ten financiamento público. A Xunta teríase que facer con elas de inmediato pero non lles interesa porque o mercado da vivenda é moi goloso e aprovéitanse dese pastel”, sostivo.

A portavoz desta plataforma defendeu que “máis pronto que tarde, a Xunta se faga con ese edificio, son 16 vivendas que son moi boas para xente que cobra unhas prestacións mínimas”. “Esas vivendas fan moita falta porque non hai vivenda pública en ningún sitio de Galicia, non hai construción pública e menos para alugueres alcanzables que non hai nada”, concluíu.

Tanto o alcalde de Burela, Alfredo Llano, como a Deputación de Lugo opóñense a este desaloxo. Por parte da institución provincial incluso se aprobou no pleno deste pasado martes unha proposición impulsada polo BNG para evitar o desafiuzamento.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...