InicioLugo e contornaLugoReforzo policial durante as fins de semana en Lugo para evitar altercados

Reforzo policial durante as fins de semana en Lugo para evitar altercados

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuníronse este mércores para planificar o operativo policial que se activará.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo contará cun reforzo de vixilancia policial para evitar altercados os fins de semana, despois de que se viviron varios incidentes nos últimos meses.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuníronse este mércores para planificar o operativo policial que se activará.

Respecto diso, Isabel Rodríguez remarca que Lugo é un dos municipios máis seguros de Galicia, onde as estatísticas policiais reflicten un descenso do 9,8% dos delitos respecto dos rexistrados antes da pandemia.

Pola súa banda, a rexedora apelou á responsabilidade individual para “alcanzar unha convivencia cidadá respectuosa cos dereitos de todos e todas”, ao tempo de que avisa que se sancionará a quen incumpra as normas.

Tras asegurar que Lugo é o municipio “máis seguro de Galicia”, Lara Méndez dixo ser “consciente” da “preocupación social” debido aos últimos altercados rexistrados no centro histórico.

Noutra orde de cousas, Méndez e Rodríguez supervisaron a modernización da liña ferroviaria que Adif executa esta semana en Infanta Elena. Estes traballos, que finalizarán esta semana, teñen por obxectivo a demolición dun paso elevado na confluencia da avenida con cálea Vía Láctea.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...