InicioSucesosDúas persoas detidas por catro roubos nun local de Lugo onde traballara...

Dúas persoas detidas por catro roubos nun local de Lugo onde traballara un dos arrestados

Trátase dun home e unha moza. O primeiro ingresou en prisión e a moza está en liberdade esperando o xuízo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a dúas persoas, unha moza e un home, como autores de catro roubos con forza nun local da zona de lecer no que traballara a moza.

Segundo informou a Policía Nacional, a nova arrestada, de 22 anos, é veciña de Lugo e carece de antecedentes, mentres que o home ten 30 anos e conta con antecedentes e con estancia irregular no país.

Os roubos producíronse entre o 31 de novembro do ano pasado e o 31 de decembro, todos no mesmo local de lecer da Rúa Nova, onde a muller tamén detida como coautora dos feitos traballara.

No primeiro dos roubos accedeuse ao local sen forzar nada, supostamente coas chaves da ex empregada, sinalan as mesmas fontes, co que a investigación se puxo en marcha cara ás persoas que puidesen ter acceso do local.

No tres posteriores roubos, unha vez cambiouse a fechadura, entraron a través dunha xanela do piso superior “e sempre con forza”, destaca a Policía. Froito deles levan botellas de bebidas, o cambio da caixa rexistradora e o bote de propinas.

Cando se centrou a investigación e con todos os indicios recolleitos no lugar procedeuse á detención destas dúas persoas. O home detido é o mesmo que na noite do mércores atracou a un transeúnte na rúa Galicia, onde foi arrestado polas dotacións de Radiopatrullas da Policía Nacional.

Froito destas detencións, este pasado xoves, unha vez é posto a disposición xudicial, o individuo ingresou en prisión. Pola súa banda, a moza quedou en liberdade con cargos, á espera de xuízo.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...