InicioBierzoO Bierzo volve demandar a oficialidade do Galego en Castela aproveitando as...

O Bierzo volve demandar a oficialidade do Galego en Castela aproveitando as eleccións

Piden, ademais, que o galego se ofreza en todos os centros do Bierzo occidental.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Colectivo Fala Ceibe do Bierzo, constituída en defensa do galego na CCAA de Castela e León, vén de expresar unha serie de demandas orientas aos distintos partidos políticos que concorrerán ás eleccións autonómicas da Comunidade este vindeiro 13 de febreiro. Entre elas destaca a oficialidade do galego, para a que piden unha reforma do Estatuto castelán-leonés.

Asimesmo, demandan a cooficialidade concreta do idioma na zona do Bierzo e a constitución dun “Servizo lingüístico comarcal”. A estas peticións únese que os concellos bercianos teñan tamén a súa denominación en lingua galega. Máis alá do galego, esixen unha aprobación polas cortes rexionais da Lei de linguas minorizadas de Castela e
León, co obxectivo de que esta “protexa e fomente” tamén o leonés e o eusquera, este último no enclave de Treviño.

De volta na cuestión galega, destacan tamén as petición de que a Xunta castelán-leonesa “obrigue á oferta da materia de lingua galega en todos os centros públicos do Bierzo ocidental, para que o seu alunado poida exercer o seu dereito de eleción do galego voluntario”. Explican, a este respecto, que na actualidade “non se oferta galego nos colexios da Veiga de Valcarce, Quilous, Carracedelo, Fabeiro” e máis. Demandan tamén que a Consejería de Cultura da Junta de Cyl subministre libros en galego nos
centros escolares e bibliotecas municipais do Bierzo occidental e que se
garanta o aceso a internet desde cibercentros rurais para “manter o contacto
dixital co idioma galego”.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...