InicioAncaresContinúan as mobilizacións no IES de Becerreá contra a supresión de materias...

Continúan as mobilizacións no IES de Becerreá contra a supresión de materias optativas no centro

A coordinadora censura "o lesiva que pode ser" a normativa da Xunta nos centros pequenos de ámbito rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este próximo martes continuarán as concentracións da comunidade educativa do IES de Becerreá. Profesores, alumnos, pais e nais, sindicatos, a parlamentaria do BNG Carme Aira e veciños de Becerreá e de Cervantes protestarán, este trimestre cada 15 días, contra a supresión dalgúns grupos da materia de Francés no centro.

Segundo destaca o profesor Antón Pérez, integrante da coordinadora das mobilizacións do centro, a problemática foi xa tratada no Concello de Becerreá, na Deputación de Lugo e no Parlamento de Galicia (no pleno e na comisión de Educación). Contra a normativa da Consellería de Educación segundo a cal nos centros do ámbito rural non se impartirán as materias optativas da ESO con menos de 5 alumnos/as e aquelas entre 5 e 10 deberán pedir autorización, o centro responderá vestindo algunha prenda negra e concentrándose a partir das 11:40 h diante do IES.

Dende a coordinadora das mobilizacións do centro sinalan que ademais, tal e como expresa a normativa da Xunta, tampouco se impartirían con menos de 5 alumnos/as as materias troncais de opción do bacharelato (Xeografía, Economía, Física…), derivando o alumnado ás ensinanzas a distancia ou a outro centro. “Normativas semellantes lévanse promulgando hai anos, pero xamais se puxeron en práctica… ata este curso, no que se suprimiu a materia de Francés de 3o e 4o da ESO e de BAC“, censuran.

A coordinadora explica o “lesiva que pode ser esta normativa” nun centro pequeno, como é o caso, nos que algún curso a matrícula é de 14 alumnos/as. Se os alumnos/as teñen que elixir entre por exemplo, Economía e Bioloxía, e 10 alumnos/as elixen a primeira optativa e só 4 a segunda, impediríaselles cursar Bioloxía a eses catro alumnos. Isto suporía que os/as alumnos/as que quixesen ter unha preparación cun mínimo de garantías de cara a ABAU e ao Bacharelato terían que marchar a estudar fóra de Becerreá.  “Se por unha banda diminúe o alumnado por ter que estudar fóra e pola outra suprimen as optativas de menos de 5 alumnos/as, en poucos anos é posible que deixe de haber bacharelato nos Ancares, unha das comarcas máis extensas de Galicia“, censuran.

 

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...