InicioLugo e contornaLugoO Camiño Primitivo e o Arde Lucus, presentes na Feira Internacional do...

O Camiño Primitivo e o Arde Lucus, presentes na Feira Internacional do Turismo

Lugo aposta por un turismo "baseado na sustentabilidade, máis amable e próximo ás persoas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo presentará a próxima semana na feira Fitur 2022 a campaña ‘Lugo, dez portas abertas ao mundo’ na que, “coa referencia das portas da Muralla romana como símbolo de apertura da cidade ao mundo”, buscan promocionar dúas experiencias propias de Lugo: o Arde Lvcvs e o Camiño de Santiago Primitivo. Tal e como informou o municipio nun comunicado, será a propia alcaldesa da cidade, Lara Méndez, a encargada de presentar a campaña.

O Concello presentará a súa oferta turística e cultural o vindeiro venres 21, “dándolle a maior proxección internacional á riqueza patrimonial da cidade, a que representa o Camiño Primitivo, Patrimonio Mundial pola Unesco, de enorme riqueza tamén natural, e o Arde Lvcvs, a mellor festa de recreación histórica de España e do mundo, representando o legado histórico e a forza dos lucenses”.

Na presentación, acompañarán a Lara Méndez a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, e o edil de Xuventude, Mauricio Repetto. Ferreiro falará de ‘Lugo Km 100’ para “pór en valor o Camiño Primitivo e con especial fincapé na importancia para atraer turismo de proximidade“, mentres que Repetto abordará o Arde Lvcvs como “unha festa une ao pobo e que se prepara con paixón, orgullo e da forma máis fidedigna e respectuosa cos antepasados”.

Tamén aproveitarán a estancia en Fitur para traballar na declaración desta festividade como Festa de Interese Turística Internacional. A rexedora lucense destacou que “é fundamental potenciar un turismo acorde co modelo de cidade polo que apostamos, baseado na sustentabilidade, máis amable e próximo ás persoas que pretende seducir e motivar aos visitantes que buscan vivencias e experiencias de calidade, seguras, diferentes e en contornas naturais e de gran riqueza patrimonial”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...