InicioSen categorizar"Azucre". A aventura de "ingenioso" fidalgo Urbano Feijóo de Sotomayor

“Azucre”. A aventura de “ingenioso” fidalgo Urbano Feijóo de Sotomayor

Helena González, xenealoxista en Bisagras de Papel, escribe nesta ocasión sobre a sorpresa editorial do ano. "Azucre" de Bibiana Candia é a historia novelada dos "escravos de Feijóo", contratados en orixe en Galicia e escravizados en Cuba, polo seu propio paisano. Unha bonita homenaxe as persoas "esquecidas" da historia da emigración.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai un mes que caeu nas miñas mans, “Azucre. Una epopeya”, escrita por Bibiana Candia e publicada por Pepitas de Calabaza.

“Azucre” é a historia novelada da aventura empresarial de Urbano Feijóo de Sotomayor que a mediados do S.XIX, reclutou a case 2.000 galegos, para traballar nas plantacións e enxeños  azucreiros de Cuba.

azucre. bibiana candiaA primeira vez que oín falar deste personaxe foi na novela “Los treinta apellidos” de Benjamín Prado, que conta a historia da conexión das grandes fortunas deste país, co negocio da trata de persoas.

Despois desta lectura, quixen saber máis das míticas expedicións de Feijóo.

A bibliografía sobre o asunto era abondosa, especialmente desde o achado casual e posterior publicación no ano 2021, das listas de pasaxeiros dos barcos de Feijóo, na web de xenealoxia.org.

Probade a buscar información das expedicións de Urbano Feijóo de Sotomayor nesta web e ler os nomes e apelidos dos malpocados que caeron no engano. Quen sabe se algún familiar voso estivo alí!

Urbano Feijóo de Sotomayor. Un indiano que tiña todo, menos corazón

No ano 1853, Urbano Feijóo de Sotomayor, natural de Viana do Bolo (Ourense), militar e deputado nas Cortes pola provincia de Ourense, impulsa a creación da “Compañía Unión-Patriótica Mercantil”, coa finalidade de recrutar traballadores galegos, para os enxeños azucreiros de Cuba.

O propio Urbano administra nese momento varias facendas, cafetais e “inxenios” na illa caribeña.

É entón cando percibe que debido ás presións internacionais para abolir a trata de escravos, cada vez resulta máis complicado, acudir a esta forza de traballo.

A súa “ingeniosa” idea foi recrutar ós seus “pobres e esfameados” paisanos, para suplir ós escravos africanos.

Digo esfameados porque 1853 foi o ano da fame en Galicia (a nosa “Great Famine”), provocada por dous anos consecutivos de malas colleitas.

En 1854, Feijóo organiza oito expedicións “filántrópicas” nas que despraza a 1.744 homes, procedentes de distintos lugares de Galicia.

Finalmente cando chegan a Cuba son privados de liberdade e obrigados a traballar en condicións moi precarias.

O asunto é tan serio, que o propio Urbano Feijóo de Sotomayor tivo que comparecer nas Cortes en Madrid, nunha sorte de sesión de control.

Desgraciadamente, esta aventura empresarial frustrada non tivo consecuencias  para el.

Pasaron os anos e a historia deses case dous milleiros de persoas escravizadas en Cuba, caeu no esquecemento.

“Non des a esquecemento”

Bibiana Candia escribe “Azucre”, ca vontade de dar voz ós “esquecidos”da Historia e as súas familias.

“A los emigrantes que no pudieron contar su historia
y a los que se quedaron que nunca recibieron una carta

 

A novela é “intrahistoria” en estado puro.

Os protagonistas son persoas anónimas, vítimas da Historia, con maiúsculas.

Mozos labregos e obreiros atrapados nunha Galicia sen futuro.

A súa historia contada en forma de traxedia dividida en tres actos: o recrutamento, a travesía en barco e o traballo escravo.

“Azucre” fala de vulnerabilidade dos migrantes pobres e de historias de fracaso que non se contan e que cómpre esquecer.

Fala tamén de sonos incumpridos, soidade e morriña.

E dos “Urbanos” da emigración, que como di a cita bíblica “polos seus feitos, recoñecerédelos”.

Son esas persoas que trataron e tratan ás persoas migrantes como simple mercadoría.

[Do blog  Bisagras de Papel ]

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...