InicioSucesosDividida en 33 causas a peza principal da operación Pokemon

Dividida en 33 causas a peza principal da operación Pokemon

Ademais, as 33 pezas, nas que se centran distintas investigacións nos concellos da Coruña, Santiago, Ourense, Boqueixón, O Carballiño e Marín, permanecen investigados media ducia de exalcaldes e outros políticos da suposta actuación da empresa para conseguir concesións públicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo acordou, tal e como decretou a Audiencia Provincial, que a peza principal da operación Pokemon, relacionada co grupo Vendex, se divida en 33 causas, debido a que entende que “carecen de conexión entre elas”. A peza sepárase así coa investigación a máis de 80 persoas, algunhas delas con aparición en boa parte das pezas.

Ademais, as 33 pezas, nas que se centran distintas investigacións nos concellos da Coruña, Santiago, Ourense, Boqueixón, O Carballiño e Marín, permanecen investigados media ducia de exalcaldes e outros políticos da suposta actuación da empresa para conseguir concesións públicas.

Concretamente, as investigacións a políticos inclúen a Adolfo Gacio (Boqueixón), Francisco Rodríguez (Ourense), Argimiro Marnotes (O Carballiño) e Anxo Currás (Santiago), todos eles no seu día alcaldes populares menos o de Ourense, polo PSOE.

Ademais, tamén están investigados nalgunhas das pezas compostelás os que fosen políticos popular e socialista –respectivamente– Anxo Espadas e Bernardino Rama, xunto a un funcionario do Concello. En Ourense, salpicou tamén ao que fose edil do BNG Fernando Varela; mentres que se investiga outra peza con por supostos enchufes que afectan, como investigados, a Xullo Flores e a José Nogueira.

Por supostas doazóns, e salpicados o tres partidos, están investigados Julio Flores, Ángel Espadas, Juan José Martínez Cajigal, José Fernando Varela Parada e Mercedes Carbajales.

SEPARACIÓN DA PEZA

O instrutor indica no auto que, tal e como sinalou o alto órgano xudicial provincial, “non pode pivotar a conexidad das diversas causas en que en todas elas interveña o mesmo grupo empresarial, cando as operacións que se tachan supostamente de ilícitas teñen destinatarios ou colaboradores diferentes”.

A Audiencia tamén advertiu no auto que agora executa o instrutor de “a práctica imposibilidade de abarcar nun só procedemento o enjuiciamiento de máis de 250 investigados ou as múltiples tramas, que suporían a inoperancia do xuízo“.

Por iso, o Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, nun auto contra o que cabe presentar recurso, decretou que se deduzan testemuños da causa en canto a cada un dos 33 feitos investigados para, posteriormente, remitilos ao Xulgado Decano de Lugo co fin de realizar a repartición entre os xulgados de instrución.

Na causa, segundo consta na resolución notificada este mércores, investigáronse “uns feitos dos que, a priori, resultaba que o grupo Vendex, a partir das súas contratacións en Galicia, puidese obter beneficios multimillonarios, presuntamente ilícitos, a través de diversas fraudes na contratación pública en distintas localidades de Galicia”.

CONDUTAS DE VARIOS DELITOS

Os investigados, segundo o auto, levarían a cabo, entre outras, “condutas constitutivas doutros varios delitos contra a administración pública, por medio da corrupción supostamente de funcionarios e cargos públicos, mediante, entre outras actividades, entregas de diñeiro en efectivo, dádivas ou agasallos, contratando persoal recomendado por tales funcionarios ou cargos públicos ou xestionando retirada de multas, mediante doazóns ilegais a partidos, etc.”.

En ocasións, ademais, “realizouse un presunto branqueo dos beneficios obtidos de tales actividades presuntamente delituosas”.

A primeira condena da macro operación denominada Pokemon produciuse en marzo deste ano. A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos de cárcere por suborno e prevaricación ao expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Fernández Liñares, que foi xulgado xunto a nove empresarios.

As distintas pezas investigan desde a concesión do servizo de axuda no fogar, ata a xestión dos contratos da ORA e guindastre, retirada de sancións ou taxas municipais, e supostas doazóns a partidos políticos, entre outras.

ÚLTIMAS

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...