InicioSociedadeLugo contén de momento a repunta de Covid: suma 13 contaxios e...

Lugo contén de momento a repunta de Covid: suma 13 contaxios e ningún ingreso

A presión hospitalaria só se estanca na área de Lugo, que continúa con tres persoas hospitalizadas en unidades convencionais e unha en UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus en Galicia continúan á alza e alcanzan as 4.779 infeccións –383 máis nas últimas 24 horas–, mentres que os contaxios volven superar o medio milleiro, 514 –59 menos–. A presión hospitalaria tamén se incrementa ata as 114 hospitalizacións –dez máis–, así como a taxa de positividade, que marca un 6,98%.

Segundo os datos publicados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste sábado, aumentan a 21 os pacientes ingresados en UCI pola covid en Galicia –seis máis–, e a 93 as persoas hospitalizadas noutras unidades –catro máis–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en seis das sete, e só se estanca na de Lugo, que continúa con tres ingresados en unidades convencionais e un en UCI. As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+129), seguida pola de Vigo (+123), Pontevedra e O Salnés (+40), A Coruña-Cee (+38), Ferrol (+23), Santiago e Barbanza (+17) e Lugo (+13).

Deste xeito, con máis casos colócase a de Vigo, con 1.325; seguida da de Ourense, con 1.263; A Coruña e Cee, con 674; Lugo, con 448; Santiago e Barbanza, con 402; Pontevedra e O Salnés, con 420; e á cola continúa a de Ferrol, con 247. Segundo os últimos datos actualizados na tarde deste pasado xoves polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 148,12 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media do Estado español ascende a 171,68.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, desde o inicio desta crise sanitaria efectuáronse 2.987.467 PCR en Galicia, que supoñen 6.232 máis que as rexistradas ata o día anterior.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, aumenta lixeiramente ata o 6,98%, tras rexistrar un 6,41% o sábado, un 7,7% o venres e aumentar ao 7,94% este xoves, situarse no 6,62% o mércores, nun 6% o martes e comezar esta semana co 7,94%. Por iso, mantense por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...