InicioSucesosSae da UCI a moza transexual tirada desde a muralla de Lugo

Sae da UCI a moza transexual tirada desde a muralla de Lugo

O presunto autor da agresión, foi detido e tras pasar a disposición xudicial o pasado mércores, permanece en liberdade con cargos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A moza transexual de 23 anos agredida en Lugo ao ser lanzada desde a Muralla de Lugo abandonou a UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e xa está en planta, segundo confirmaron fontes hospitalarias a Europa Press.

A muller ingresaba o pasado domingo na unidade de críticos do centro en estado grave, cunha perna rota, varias vértebras fracturadas e unha man fracturada.

Foi un transeúnte que camiñaba polo adarve da Muralla o que, sobre as 7,00 horas, escoitou berros de auxilio e puido localizar o lugar e ver á moza tirada no fondo dun patio interior, co que chamou aos servizos de emerxencias.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confirmou este pasado venres que se lle tomará declaración á muller cando se conte con autorización por parte dos médicos.

Preguntando sobre se neste caso existe delito de odio, ao tratarse dunha muller trans, e polos antecedentes do home, Miñones respondeu que “será o xuíz o que decida” sobre estes asuntos.

Fontes consultadas por Europa Press apuntaron que foi a familia a que puxo en coñecemento da Policía Nacional a condición de transexual da muller, feito que “pode ser unha hipótese” do desencadenamento da pelexa que acabou co empuxón desde a Muralla.

Respecto diso, fontes da Policía Nacional apuntaron unicamente que “houbo algo entre eles” que levou a unha pelexa e ao empuxón desde uns 12 metros de altura que acabou coa caída da vítima, á que o presunto autor deixou tirada sen socorrela.

O presunto autor da agresión, foi detido e tras pasar a disposición xudicial o pasado mércores, permanece en liberdade con cargos.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...