InicioA UlloaMonterrosoMonterroso recupera a Feira de Santos despois do parón pola pandemia

Monterroso recupera a Feira de Santos despois do parón pola pandemia

A crise sanitaria interrompeu esta centenaria tradición no ano 2020. Un ano despois, miles de persoas puideron gozar da feira, que se adaptou ás esixencias de seguridade para evitar contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Monterroso recuperou este luns o seu tradicional Feira de Santos, que a pandemia obrigou a suspender o pasado ano 2020 e que volveu este 1 de novembro a este municipio lugués.

Desde primeira hora da mañá, miles de persoas visitaron o recinto feiral, onde se instalaron uns 200 postos de todo tipo, fundamentalmente de produtos de tempada e da comarca da Ulloa.

A de Monterroso, que se celebra cada 1 de novembro, festividade de Todos os Santos; é unha das feiras máis características e tradicionais de Galicia. A súa orixe remóntase á Idade Media, vinculada a un imposto especial sobre o sal.

A crise sanitaria interrompeu esta centenaria tradición no ano 2020. Un ano despois, miles de persoas puideron gozar da feira, que se adaptou ás esixencias de seguridade para evitar contaxios.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...