InicioSucesosTrasladan unha muller de 84 anos tras envorcar co coche no centro...

Trasladan unha muller de 84 anos tras envorcar co coche no centro de Lugo

O vehículo chocou contra outros que estaban aparcados nas marxes da Avenida da Coruña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 84 anos de idade tivo que ser trasladada ferida ata un hospital despois de sufrir un accidente de tráfico que deixou o seu coche envorcado no centro de Lugo. En concreto, segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, o sinistro ocorreu á altura do número 120 da Avenida da Coruña, ao redor das 10,10 horas deste domingo.

Nese momento, varias persoas contactaron coa central de emerxencias para alertar de que un coche envorcara despois de chocar contra outros que estaban aparcados nas marxes da estrada. Ademais, os alertantas indicaban que podía haber xente con dificultade para saír.

Deste xeito, o 112 avisou aos bombeiros de Lugo, que se desprazaron ata o lugar e liberaron –sen empregar material de excarceración– á anciá, que tiña problemas para abandonar o coche porque aínda tiña posto o cinto. Tamén foron avisados a Policía Local e Urxencias Sanitarias-061, que trasladaron á octoxenaria ata o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), segundo indican fontes do operativo.

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...