InicioLugo e contornaLugoDrones para a vixilancia do San Froilán e reforzos para os servizos...

Drones para a vixilancia do San Froilán e reforzos para os servizos de limpeza

Para velar polo cumprimento das medidas, a Policía Local "reforzará todas as quendas, xa desde a mañá para facilitar a montaxe das instalacións".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dispositivo de seguridade para as festas do San Froilán empregará drones que sobrevoarán o recinto feiral, que estará acoutado polas avenidas Rodríguez Mourelos e García Portela, a rúa Vila de Foz e o bancal do parque ante a chaira do pavillón municipal.

Así o anunciou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na presentación dos preparativos para as festas patronais de Lugo, que arrincan o próxima día 4 e celebraranse ata o 12 de outubro.

En todo o recinto deberá de usarse máscara, respectar a distancia de seguridade e evitar aglomeracións. Para velar polo cumprimento das medidas, a Policía Local “reforzará todas as quendas, xa desde a mañá para facilitar a montaxe das instalacións”.

“As patrullas terán unha presenza permanente e habilitaranse tamén catro puntos de control de aforamento, unha tarefa que se apoiará con imaxes aéreas captadas por drones”, detallou a rexedora luguesa.

Méndez apelou á responsabilidade cidadá para gozar das festas “cumprindo sempre cos protocolos”. “O San Froilán debe de ser un revulsivo dinamizador para a cidade”, remarcou.

REFORZO DA LIMPEZA

Tamén, o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, avanzou que para as festas preparouse un “dispositivo especial para acometer o aseo viario e a recollida do lixo” durante o nove días de San Froilán.

Fernández destacou que haberá reforzos “humanos e materiais” nos operativos de mañá e tarde no recinto feiral, mentres que durante os fins de semana incrementarase o número de colectores, “facilmente substituíble itinerantes”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...