InicioLugo e contornaLugoOs comerciantes de Lugo celebran que o concello autorice a instalación de...

Os comerciantes de Lugo celebran que o concello autorice a instalación de barracas no San Froilán

"Os concertos están ben, pero os concertos non é algo tradicional nas festas de San Froilán", aseveran.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os comerciantes de Lugo mostraron a súa satisfacción pola autorización do concello lugués á instalación de barracas polas festas do San Froilán, que se celebran na Cidade dAs Murallas entre 4 e o 12 de outubro.

Tras coñecerse que a alcaldesa, Lara Méndez, asumiu a responsabilidade da instalación destes postos despois da ‘non’ da área de Cultura do goberno local en mans do BNG, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, valorou o paso do concello despois de días de incerteza.

É necesario que haxa un atractivo, que haxa unha forza que atraia á xente porque esa sinerxía para o comercio é boa para as vendas”, reivindicou, antes de apelar a que “non poden perderse as tradicións” sempre baixo o respecto ás medidas de seguridade vinculadas á crise sanitaria.

“O San Froilán é unha reseña de Lugo e hai que seguir manténdoa, tratando de que a xente veña á cidade”, subliñou Seijas, que se preguntou que sen casetas (non as haberá este ano) e sen barracas “non quedaría absolutamente nada” das festas patronais de Lugo.

“Os concertos están ben, pero os concertos non é algo tradicional nas festas de San Froilán. Cada vez imos perdendo máis desas tradicións que temos e chegará un momento, que niso si que en Lugo somos especialistas, que destruiremos todo o que temos bo e cada vez será peor”, aseverou José María Seijas.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...