InicioTerra CháCastro de ReiO alcalde de Castro de Rei traslada a súa preocupación ante o...

O alcalde de Castro de Rei traslada a súa preocupación ante o aumento de casos, máis de 50

O rexedor móstrase preocupado polos prexuízos que ocasionaría aos locais un aumento de restricións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, mostrou a súa preocupación polo aumento de casos no municipio, que rexistra un total de 51 a data deste martes, e por se esta incidencia pode supor que o municipio pase ao máximo nivel de restricións.

“O importante é que os casos non vaian a máis. Se pechan o interior dos locais ocasionaría un gran prexuízo para a hostalaría”, afirmou o rexedor, que asegurou que está en contacto coa Consellería de Sanidade, pero que polo momento están á espera.

“Só nos queda tratar de seguir concienciando á xente de que cumpra as medidas”, comentou o rexedor tras a subida de casos de covid nas últimas semanas.

Os últimos datos do Sergas correspondentes a este martes indican que hai 51 casos activos coa enfermidade. A incidencia acumulada a 14 días supera os mil casos por cada cen mil habitantes.

Precisamente a semana pasada o concello pasou ao nivel alto de restricións. Os establecementos de hostalaría teñen unha capacidade do 30% no interior e do 75% na terraza, do mesmo xeito que o lecer nocturno, que está permitido tamén ao 75% no exterior.

Todos os establecementos deben pechar á unha da madrugada. Desde esa hora e ata as seis da mañá non se permiten reunións de non conviventes. Fontes do Sergas indicaron que algún brote está relacionado coa hostalaría. Ao mesmo tempo destacaron que os casos están practicamente acoutados.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...