InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaControlados os catro incendios declarados este domingo na Fonsagrada, "con indicios de...

Controlados os catro incendios declarados este domingo na Fonsagrada, “con indicios de intencionalidade”

Aos catro focos deste domingo súmanse un máis declarado o sábado e extinguido esta tarde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O catro incendios que se declararon ao longo deste domingo na Fonsagrada xa están controlados, segundo informou a Europa Press a Consellería de Medio Rural, que ve “claros indicios de intencionalidade”.

“O elevado número de rexistros, reiterados, en zonas próximas, case simultáneos e practicamente todos eles en horas nocturnas (cando os medios aéreos non poden actuar), son claros indicios de intencionalidade”, apunta o departamento da Xunta.

Concretamente, declaráronse lumes en dúas parroquias. En San Pedro de Río, o incendiou iniciouse ao redor das 03,17 horas e quedou controlado ao redor das 05,35 horas, para o que se empregaron tres axentes, tres brigadas e cinco motobombas. Afectou a 0,1 hectáreas de monte raso.

Sobre as 04,25 horas declarouse outro lume na mesma parroquia, que quedou controlado ás 06,34 horas, para o que interviñeron catro axentes, oito brigadas e cinco motobombas e que queimou 0,5 hectáreas de monte.

Os outros dous incendios foron declarados na parroquia de Freixo. Un entorna ás 07,23 horas que se controlou ás 18,42 horas e que afectou a dúas hectáreas de arboledo. Interviñeron dez brigadas, tres motobombas e un tractor cisterna.

O outro lume comezou ás 08,53 horas e declarouse controlado ao redor das 16,40 horas, para o que interviñeron tres axentes, catro brigadas, unha motomba e un tractor cisterna. Afectou a 0,4 hectáreas de arboledo.

CINCO INCENDIOS DURANTE A FIN DE SEMANA

Estes catro puntos súmanse a un quinto detectado este pasado sábado, na parroquia de O Trobo. Este lume, que comezou ás 17,50 horas, declarouse extinguido entorno ás 18,42 horas deste domingo, para o que interviñeron un técnico, cinco axentes, 16 brigadas, cinco motobombas, unha pa, catro helicópteros e dous avións. Neste caso, afectou a 3,5 hectáreas –tres de monte raso e o resto, arboledo–.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...