InicioCulturaDe muller a muller na homenaxe a Rosalía no San Froilán

De muller a muller na homenaxe a Rosalía no San Froilán

A actriz, directora de teatro e apaixoada da cultura de Lugo, Paloma Lugilde, será a encargada de realizar a Ofrenda a Rosalía de Castro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Paloma Lugilde é actriz e directora da compañía de teatro Palimoco dende a súa fundación, da Escola Palimoco Teatro e Danza, e do Grupo de Teatro USC-Lugo. E será ela a encargada de realizar a tradicional Ofrenda a Rosalía de Castro durante o San Froilán. O acto terá lugar o 7 de outubro, o Domingo das Mozas.

Luguilde conseguiu o premio á mellor Dirección no II Festival Nacional de Teatro Universitario. Como actriz, traballou, ademais de en Palimoco, en Títeres sen cabeza, e colaborou con Achádego Teatro na obra A Tempestade. Tamén colaborou con Proxecto Barraca, da Aula de Teatro Universitaria de Ourense.

Ademais, participou en programas de radio e televisión como colaboradora. Ten formación tamén en danza clásica, contemporánea e flamenca, traballou no Colegio Fingoi impartindo teatro e danza e realiza un traballo de voluntaria na prisión de Teixeiro; ademais de formar parte do Proxecto Buxiganga.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...