InicioSociedadeO PP de Lugo rexeita converter a autovía de Ourense nunha vía...

O PP de Lugo rexeita converter a autovía de Ourense nunha vía 2+1

Reivindica que a autovía se faga "como estaba prevista".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP da provincia de Lugo rexeita converter nunha vía 2+1 a A-56, espera que este non sexa “un globo sonda para despistar” e reivindica que a autovía se faga “como estaba prevista”. “Lugo non pode renunciar a esa infraestrutura imprescindible para o sur da provincia”, advertiu a presidenta provincial dos populares, en Chantada acompañada de Jaime de Olano e Manuel Varela.

Candia explicou que para o PP “esa alternativa sería moi negativa” e reclamou que “se faga canto antes a autovía tal e como estaba prevista”. Ademais, reclamou que “tanto o Goberno de España como os socialistas de Galicia e da provincia de Lugo manifesten de maneira contundente o seu rexeitamento á alternativa 2+1 e mostren o seu compromiso claro e explícito coa autovía”.

Tamén criticou o estado da N-540, por “un abandono que deixa patente –ao seu xuízo– o nulo compromiso do Goberno socialista” coa provincia. Neste sentido, lembra que o PGE de 2021 “non consignou dotación algunha” para a autovía en Lugo.

Pola súa banda, o vicesecretario de Participación do Partido Popular, Jaime de Olano, coincidiu en que o Goberno “ten que dicir algo sobre esa proposta de rebaixar a A-56 a unha estrada convencional de 2+1”. “Estamos a acostumarnos aos silencios do Goberno (…) O presidente do Goberno está desaparecido“, censurou.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...