InicioEconomíaLugo, a provincia galega onde máis diminuíu o paro en xullo

Lugo, a provincia galega onde máis diminuíu o paro en xullo

A media en Galicia foi dun 3,6 e en Lugo de 5,49.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 5.784 desempregados en xullo en Galicia en relación con xuño, o que supón un descenso do 3,67%, por baixo do 5,47% de caída da media estatal, segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Traballo.

Deste xeito, as persoas en paro en Galicia alcanzan as 151.934. En comparación co mesmo mes de 2020, é dicir, en variación anual, os parados reducíronse en 23.377 na comunidade galega, o que representa unha baixada do 13,33%.

No conxunto estatal, a caída foi en 197.841 desempregados en xullo (-5,47%), o que supón a maior caída en calquera mes da serie histórica e supera as dos meses de maio e xuño que tamén pecharon con caídas marca.

PROVINCIAS

Por provincias, en termos relativos, a maior diminución foi a de Lugo, do 5,49%, con 845 desempregados menos, ata 14.537. O descenso foi do 4,81% en Ourense, con 875 parados menos, ata 17.325; mentres que na Coruña alcanzou o 4,1% menos, ao descender en 2.602 persoas, ata 60.830, e en Pontevedra do 2,41%, con 1.462 menos, ata 59.242.

Por actividade, a comunidade reduciu o paro en todos os sectores, sobre todo nos servizos, con 3.847 persoas menos en paro. Na industria baixou en 733, na construción en 442, na agricultura en 438 e no colectivo sen emprego anterior en 324.

Pola súa banda, o desemprego afecta a 10.141 estranxeiros en Galicia, que son 719 menos que en xuño (-6,62%) e 2.058 menos que en xullo do ano pasado (-16,87%). O total de demandantes de emprego situouse en 210.535, deles 31.619 ocupados, 15.407 que indicaron na súa solicitude condiciones especiais de traballo e 163.509 sen ocupación (que son 6.629 menos que o mes anterior e 25.042 menos que hai un ano).

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...