InicioLugo e contornaLugoDetido un mozo por conducir con alcoholemia positiva e ameazar con facer...

Detido un mozo por conducir con alcoholemia positiva e ameazar con facer caso omiso a axentes

A Garda Civil impútalle un delito contra a seguridade viaria e outro de resistencia a axentes da autoridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un condutor veciño de Meira como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e impútalle, ademais, outro de resistencia a axentes da autoridade por ameazar con facer caso omiso aos gardas que lle deron o alto.

Segundo informou o Instituto Armado, foi detido un veciño de Meira de 33 anos de idade como presunto autor dos delitos de resistencia e contra a seguridade viaria.

Tras identificar o condutor dun turismo que circulaba pola estrada N-640, no quilómetro 70, ao seu paso polo termo municipal de Castro de Rei, este ameazou con facer caso omiso ás indicacións dos axentes e continuar a marcha se non se retiran.

Os axentes procederon a realizarlle unha proba de alcoholemia, na que este condutor obtivo un resultado de 1,13 miligramos de alcol por litro de aire expirado.

A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

O PSOE de Portomarín denuncia uns orzamentos locais “pouco ambiciosos”

O Grupo Municipal Socialista de Portomarín votou en contra dos orzamentos presentados polo goberno...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...