InicioSucesosOs informes sobre o lume do Ceao descartan relación coa situación da...

Os informes sobre o lume do Ceao descartan relación coa situación da rede de augas

"A xestión do incendio foi un éxito", sinala o Concello, que cualifica de "irresponsable" criticar unha "suposta demora" no funcionamento das redes de distribución para "comprometer" o traballo dos profesionais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os informes técnicos sobre o incendio rexistrado o pasado mes de abril no polígono do Ceao en Lugo descartan que a súa magnitude tivese relación coa situación da rede municipal de augas.

Así o informou este venres o Concello de Lugo nun comunicado de prensa, no que explica que a tenente de alcaldesa e concelleira de Gobernación, Paula Alvarellos, trasladou á Comisión de Contas as principais conclusións dos informes realizados polo xefe do Parque de Bombeiros e polo Servizo de Enxeñería.

Nos informes analízase, por un lado, a actuación do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento no relativo a medios humanos, materiais, estratexia empregada e a resolución da intervención e, por outro, as cuestións técnicas relativas á rede de subministración de auga no parque empresarial.

“Ambos os documentos conclúen que a xestión do incendio, tendo en conta as naves afectadas e os materiais que estas tiñan almacenados e que combustionaron, foi un éxito“, sinalou a concelleira. Respecto diso, explica que no primeiro caso, “tanto no que ten que coa mobilización de efectivos e dotacións, así como no operativo desenvolvido e o tempo empregado ata a súa total extinción”.

E no segundo caso, indica que a “análise efectuada pon de manifesto a inexistencia dunha relación directa entre o funcionamento e o mantemento das redes de distribución e a suposta demora que alguén, terxiversadamente, quixo facer ver para comprometer o traballo profesional e rigoroso que se desenvolveu na súa abordaxe”, abundou a concelleira.

RENOVACIÓN DA REDE

Para Paula Alvarellos, aínda que o informe técnico inclúe unha proposta de mellora das infraestruturas, “tendo en conta a súa antigüidade –data dos anos 70 e 90–, coincidindo con dúas fases de construción do polígono, resultaría absolutamente irresponsable, ademais de falso, tratar de vincular que a renovación recomendable de dotacións tan antigas como esas fose a causa directa na evolución que tivo o lume”.

Con todo, esta concelleira avanzou que, igual que se fixo este ano, ao asumir cun millón de euros a substitución das canalizacións de fibrocemento en varios puntos da cidade, o executivo local ten previsto abordar progresivamente a renovación da rede tamén no Ceao, “en función da dispoñibilidade orzamentaria”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Asistencia da Deputación a unha palestra organizada por Somos Unidos por el Cáncer

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves á...

Inaugurada a mostra “Historia Postal de Lugo S. XVIII-XX” no Museo Provincial

O Museo Provincial inaugurou este xoves a mostra “Historia postal de Lugo. S. XVIII-XX”,...