InicioLugo e contornaLugoDisparados os contaxios na cidade de Lugo por casos novos de mozos...

Disparados os contaxios na cidade de Lugo por casos novos de mozos que participaron en “actividades do lecer nocturno”

"A situación epidemiolóxica é preocupante", admitiu o xerente da área sanitaria, Ramón Ares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os contaxios de Covid-19 disparáronse na cidade de Lugo, con casos novos que se concentran sobre todo entre a xente nova que participou en “actividades do lecer nocturno” o fin de semana.

Así o informou o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, quen afirmou que lle “preocupa moito” a situación de Lugo cidade, cunha incidencia de 139 casos a 14 días por cada 100.000 habitantes. “A situación epidemiolóxica é preocupante”, admitiu.

O groso dos contaxiados agrúpase ao redor de “xente nova que participou en distintas actividades de lecer nocturno tanto en Lugo cidade como noutras zonas de Galicia”, comentou.

Precisamente, Ramón Ares manifestou que se observa “certa relación de casos con dous pubs da cidade de Lugo e xa se están estudando todos os contactos”. “Son moitos casos en xente nova e todos relacionados co lecer nocturno”, recalcou.

Por todo iso fai un chamamento a todos os veciños de Lugo á “responsabilidade” e a que se manteñan os protocolos sanitarios contra a Covid-19.

SARRIA

En canto ao brote de Sarria, único municipio da provincia Lugo con restricións de nivel alto, Ramón Ares puxo o acento en que se entra “nunha fase de estabilización, coa incorporación de novos casos pero menos que en días anteriores”.

Con todo son 72 os positivos en Sarria, vinculados todos ao foco localizado hai 15 días neste concello e, por tanto, “non apareceron brotes novos”.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...