InicioSucesosTres detidos por actuar como comerciantes dunha empresa de seguridade para facer...

Tres detidos por actuar como comerciantes dunha empresa de seguridade para facer contratacións fraudulentas

Trátase de tres veciños das localidades lucenses de Rábade, Baamonte e Lugo capital que actuban na Terra Chá, Lugo e Lemos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo, no marco da ‘Operación Ansedy’, a tres veciños das localidades lucenses de Rábade, Baamonte e Lugo capital, de 46, 36 e 34 anos de idade como presuntos autores dos delitos de pertenza a grupo criminal, estafa, usurpación de estado civil e falsificación de documento mercantil. Actuaban como comerciantes dunha empresa de seguridade para facer contratacións e instalacións fraudulentas.

Segundo informou o Instituto Armado, esta banda realizaba contratacións fraudulentas de sistemas de alarmas en vivendas e locais comerciais en localidades da provincia lucense, como Lugo, Sarria, Meira, Guitiriz, Baamonde, Vilalba, Monforte de Lemos, Pol, Guntín, Bóveda, Begonte e Outeiro de Rei, “todo iso amparándose no marco da actividade laboral que desenvolvían para unha empresa do sector da seguridade con cobertura en todo o territorio nacional”, matiza.

Os feitos delituosos foron cometidos entre outubro de 2016 e xaneiro de 2018, período no cal se detectaron “multitude de prexudicados”, destaca a Benemérita, do que nalgún caso decatábanse ao serlle denegada a concesión de créditos por estar inscritos na ASNEF (Lista de Morosos) pola falta de pagamento das cotas por servizos de alarma que nunca contratara.

A investigación dos ilícitos penais conduciu aos axentes ata os presuntos autores, os cales “valéndose da súa condición de operarios/comerciais de empresa de seguridade, e actuando coordinadamente e mediante distribución de tarefas, obtiñan datos de supostos clientes, para realizar contratacións ficticias”, concretan as mesmas fontes, coa finalidade de acceder a distintas bonificacións coas que a empresa de seguridade compensaba aos seus empregados. Así, chegaban a obter entre os integrantes do grupo criminal unha elevada contía económica.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...