InicioSociedadeA Deputación de Lugo urxe á Xunta un plan para recuperar a...

A Deputación de Lugo urxe á Xunta un plan para recuperar a sanidade galega

Demanda ao Goberno autonómico que cumpra "a súa obrigación" de conservar o patrimonio cultural da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha moción presentada pola do PSdeG, e que foi apoiada polo BNG, para urxir á Xunta a pór en marcha un plan para recuperar a sanidade galega tras “agravarse as deficiencias” do sistema coa pandemia.

Diso informou a institución provincial nun comunicado remitido aos medios, no que sinala que a portavoz provincial socialista, Pilar García Porto, asegurou que a Xunta trata de “aproveitar a necesidade de loitar contra a pandemia para esconder as deficiencias do sistema” que xa se denunciaban en 2019.

Tras denunciar as listas de espera en Atención Primaria e asegurar que na etapa de Feijóo na Xunta perdéronse “case 1.100 postos de persoal sanitario”, García Porto denunciou os problemas de atención pediátrica de que sofren municipios da provincia como Abadín, Alfoz, Baralla, Becerreá, Castro de Rei, Castroverde, Corgo, Chantada, Foz, Mondoñedo, Outeiro de Rei, Ribadeo ou O Valadouro, entre outras cuestións.

DEFENSA DO PATRIMONIO

Por outra banda, conforme apuntou a institución, o pleno tamén aprobou reclamar á Xunta de Galicia que cumpra coa obrigación de conservar o patrimonio cultural de Lugo, tal e como se recolle unha moción presentada polos socialistas que tamén saíu adiante co apoio do BNG.

Na sesión celebrada este martes saíu adiante, así mesmo, a cesión gratuíta da titularidade da Fonte das Lavandeiras ao Concello de Lugo, unha obra de Francisco Pérez Proto. Ademais, foi aprobada a proposta de modificación do orzamento de 2021, vía suplemento de crédito por un importe de 323.900,24?, para asumirgastos do Plan Único de diferentes municipios correspondentes a anualidades anteriores.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...