InicioFeaturedA Deputación de Lugo comeza o reparto dos 'Bonos Impulso' este luns...

A Deputación de Lugo comeza o reparto dos ‘Bonos Impulso’ este luns para gastar en comercio e hostalaría

Repartirá un total de 17.000 bonos de 30 euros para compras dun mínimo de 60 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo inicia este luns a repartición a domicilio dos ‘Bonos Impulso’, para a súa utilización como método de pago no comercio e a hostalaría da provincia.

O presidente, José Tomei Roca, acompañado pola deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, supervisou este domingo o dispositivo de entrega, do que se encargará unha empresa lucense e que achegará os descontos nominativos aos preto de 7.500 veciños da provincia que xa o solicitaron.

A institución provincial prevé repartir un total de 17.000 bonos de 30 euros para compras dun mínimo de 60 euros, que poden gastarse en calquera comercio, negocio de hostalaría e servizos, desde a súa recepción e ata o 31 de agosto deste ano.

Ata o próximo 15 de xullo está aberto o novo prazo para pedir estes descontos, que se poden solicitar a través da páxina web da Deputación de Lugo, da sede electrónica ou mediante o procedemento habitual, presentando a documentación nas oficinas de Rexistro.

O ente provincial estableceu unha serie de condicións para facer a repartición “máis xusto e equitativo”. Así, puxo un mínimo de 20 bonos para os concellos máis pequenos e un máximo de 5.000 para os máis grandes. Os bonos asignaranse por orde de presentación de solicitudes, respectando o número mínimo e máximo establecido de bonos por concello, e fixando nesta primeira fase de asignación un máximo dun bono por persoa.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...